Os derrames cavitarios son unha complicación frecuente dos linfomas. Aínda que a frecuencia do derrame pleural está entre o 20 e o 30% nos linfomas Hodgkin e non-Hodgkin os derrames peritoneais e pericárdicos son infrecuentes.
Os linfomas raramente presentan un derrame cavitario sen un linfoma torácico ou extratorácico coñecido aínda que un pequeno grupo de linfomas preséntanse nos derrames sen linfoma coñecido.
En doentes con linfoma ou leucemia non tódolos derrames conteñen células neoplásicas, o derrame pode ser debido a inflamación da serosa ou a oclusión de vasos.
Os linfomas de baixo grao están compostos de células semellantes ós linfocitos normais. Para demostrar a súa natureza neoplásica hai que utilizar a citometría de fluxo para demostrar a súa monoclonalidade.
As células dos linfomas de alto grado xeneralmente non son difíciles de recoñecer. As células son grandes con grandes núcleos con diverso grao de polimorfismo e nucléolo prominente.
Os derrames cavitarios , especialmente o pleural son frecuentes en doentes con enfermidade de Hodgkin. O cadro citolóxico xeneralmente non é específico. As efusións debidas a enfermidade de Hodgkin non conteñen células de Reed-Stermberg probablemente.
As células do mieloma raramente están presentes nas efusións pero cando están, xeneralmente son moi numerosas.
As imaxes corresponden a un varón de 39 anos con historia de linfoma e derrame pleural esquerdo. O estudo citolóxico presentaba abundante celularidade linfoide atípica polo que dou o diagnóstico de linfoma.