O exame citolóxico do líquido obtido das cavidades serosas é unha das prácticas máis habituais na citopatoloxía. A utilidade diagnóstica é establecer a causa do derrame cavitario.
Calquera neoplasia pode afectar ás serosas e manifestarse como unha efusión maliña. O grupo de Adenocarcinomas de mama pulmón ovario e tracto dixestivo son con moito os máis frecuentes. Moitas efusiones ocasionais con cancro son resultado dun mecanismo indirecto así os trasudados que resultan da obstrucción venosa causada polo tumor ou o exudado que se desenrola como resultado dos cambios inflamatorios secundarios ou a presenza do tumor nun órgano. Nestas situacións non se encontraron células maliñas nas efusiones cando as efusiones conteñen células maliñas estas poden variar considerablemente en número.
As células poden mostrar os clásicos caracteres de adenocarcinoma grupos cohesivos con contornos redondeados células grandes con núcleo excéntrico prominente nucléolo e citoplasma vacuolado.
En teoría a identificación de células maliñas nas efusiones debe de ser sinxela. Unha vez identificadas as células mesoteliais a presenza dunha segunda poboación celular debe permitir facer o diagnóstico de maliñidade. Na práctica presenta dificultade polas variacións morfolóxicas das células mesoteliais.