Esta é a páxina web oficial do doutor ERNESTO GARCÍA URETA, médico, anatomopatólogo e divulgador científico publicada co obxecto de poñer a disposición dos meus compañeiros e estudantes o material didáctico recollido ó longo da súa carreira profesional en Anatomía Patolóxica. Aquí atopará material pedagóxico, de casos que pasaron polo seu microscopio, así como material científico-divulgativo de valor formativo.
Aínda que o anatomopatólogo é unha figura que adoita pasar desapercibida, o seu traballo é fundamental no diagnóstico de enfermidades e expónse aquí o material didáctico sobre o tema cuxa mostra se pode comprobar nas seccións deste sitio web, destinadas a casos, videos e presentacións.
Ernesto García Ureta ocupou diversos cargos na Xunta Directiva da Sociedade Española de Citoloxía como presidente, vicepresidente e vogal en diversas ocasións. Foi membro fundador e o primeiro Presidente da Asociación de Citoloxía de Galicia. Membro honorario da Asociación Peruana de Patológos. Membro do Consello Editorial da revista de Patoloxía. Membro da Comisión Científica no XVII Encontro Nacional da Sociedade Portuguesa de Citoloxía, (Cascais 2010-Portugal). Membro do Comité Científico, asesor Internacional no II Congreso da División Cubana da Academia Internacional de Patoloxía, (La Habana 2011). Membro do Comité Científico en varios Congresos nacionais e internacionais. Presidente de varias reunións científicas da Asociación de Citoloxía de Galicia. Presidente do Comité organizador da XVII Reunión Científica Anual da SEC na Coruña en 1999. Presidente do Comité Organizador do XVI Congreso de Citoloxía da Coruña, en 2003. Presidente do Comité organizador SEC no XXV Congreso da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica e División Española da “International Academy Of Pathology”, e do XX Congreso da Sociedade Española de Citoloxía en Zaragoza 2011.
Dedicou a súa vida ao diagnóstico citolóxico que exerceu no CHUAC e formando parte do cadro médico dos Hospitais Belén-Modelo, San Rafael e Quirón Salud da Coruña. Centro de referencia para a mostraxe dos centros de diagnóstico AMPLIGEN DIAGNOSTICOS, S.L.U., IGENOMIX LAB S.L.U., NEODIAGNÓTICA e o Centro de Bbiología Molecular Polusa de Lugo.
Desde 1980, estivo diante do seu propio LABORATORIO DE CITOLOXÍA, un centro de diagnóstico citolóxico recoñecido e acreditado polas autoridades da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e incluido no rexistro co núm. C-15-002232, con oferta asistencial U77-Anatomía Patolóxica. A través de anos de experiencia recolleu os coñecementos e técnicas máis axeitadas, poñendo a disposición dos pacientes os últimos avances para resolver diferentes problemas de diagnóstico.
EO LABORATORIO DE CITOLOXÍA foi un lugar de formación en prácticas para alumnos dos centros Ángel Casal da Coruña, Centro Educativo Aloya de Vigo, Universidade Pessoa da Coruña e integra a Consultoría da Coruña no programa Erasmus. Programador docente na Escola Galega de Administración Sanitaria.
Compaxinou a súa carreira con presenza academica impartindo cursos, conferencias e como relator en diferentes congresos nacionais e internacionais cuxa actividade se póde consultar no apartado “actividades científicas”. Algunhas das súas representacións están publicadas en https://es.slideshare.net/garciaureta/presentations.
Autor do libro Aparato respiratorio-I Ediciones da editorial Díaz de Santos, S.A. ISBN 9788479786557 ISBN-10 8479786558, é parte da colección Cuadernos de Citopatología.
Autor do capítulo Citología del mesotelioma -SLAC Sociedad Latinoamericana de Citopatoloxía, Fasciculo 2. Temas de actualización en Citopatoloxía-Derrames Serosos- 2012 do fascículo 2.
Coautor do Libro Blanco de la anatomía patológica en España – 2011.
Sempre actualizado, soubo aproveitar as novas tecnoloxías para levar os seus coñecementos trascendendo os diferentes medios, como o seu canal de You Tube con presenza dende 2011, o que alberga un gran número de relatorios exclusivos, de gran valor científico e cuxos seguidores medran cada ano.